Sacapuntas xigante

25/08/2010

Este sacapuntas que presento hoxe é un elemento de decoración, xa que con el non poderemos afiar os nosos lapis, pero si pode conter, os bolígrafos, rotuladores, lapis que teñamos polo noso despacho ou ben na nosa casa.

Esta feito de madeira, e ten unhas dimensión de 85 x 120 x 85 mm.

Ten un prezo asequible de 15 libras, uns 20 euros ao cambio.

Podémolo mercar en Suck Uk.

Advertisement

Bolsos cremallera

24/08/2010

Un xove estudiante israelí no ano 2005 deseñou o primeiro bolso formado por cremalleiras, pouco sabía el que moi pronto eses pedazos de tela unidos por unha cremalleira daría un gran cambio na súa vida.

Unha cremalleira longa, que unha vez pechada, pode formar unha bolsa deportiva, de praia, deporte ou de noite, unha mochila, monedeiro, etc

Lavables e moi duraderas, feitas a man cunha gran gama de cores, tamaños e formas.

As podemos atopar na tenda Zip It, ou no sitio Regaletes


Outra taza

23/08/2010

Buscando información para a entrada anterior, atopei esta outra taza, tamén con moito colorido e moi boa idea para calentar líquidos no microondas, pola capa en silicona que ten e que fai que non te quemes e que tamén aguante más tempo o calor.

De deseño xaponés, podemos escoller entre 5 cores, laranxa, amarela, azul, verde e marrón, que son as distintas fundas de silicona.

Tanto as fundas como as propias tazas de porcelana pódense meter no lavavaixelas.

Teñen un prezo aproximado de 25,00 euros e as podemos atopar en siibil.


Tazas de cores pantone

23/08/2010

Estas tazas son un bonito agasallo para calquera persoa, son tazas en cerámica con impresión das distintas cores pantone, para tomar café, té, leite, auga, etc, darán un toque colorista a túa casa.

Podes elixir entre un montón de pantones, aquí os podedes ver, en masd2.


O meu primeiro artigo

23/08/2010

Neste primeiro artigo quero explicar un pouco o que vai ser este blog, un blog creado por dous motivos, un para amosar á xente agasallos, aparatos, gadgets, e demais cousas que se lle poden regalar a unha persoa. E por outra, para saber un pouco máis o funcionamento dos blogs en xeral, a dificultade ou non da súa edición, o seu posicionamento é a súa interactuación coas redes sociais.


A %d blogueros les gusta esto: