Baila, baila, bailariiiiina

06/09/2011

Noites de festa, madrugadas de baile, días cos pes cansos, todo isto acobouse, si, si, chegaron as máquinas expendedoras de bailarinas, bailarinas ecolóxicas, realizadas con materiais biodegradables, empaquetadas nun envase do tamaño dun paquete de tabaco, que inclúe unha bolsa para os zapatos que quites.

O seu prezo, algo inusual, sobre 6 euros.

Creo que será o próximo negocio que monte 😉

Advertisement

Zapas 4 en 1

20/02/2011

Catro nunha única zapatilla de deporte recibíu varios premios internacionais de deseño.

Creo que non teño moito máis que explicar poñendo unha foto e un video xa se ve todo o que se pode contar.

O único, comentar que teñen un prezo 79,95 euros e para 4 zapas e un moi bo prezo.


Zapas para o micro

02/02/2011

As zapatillas de microondas son cómodas quentiñas para estas noites e mañás frías de inverno!

Mmmm, que gusto, as calentarás no micro, e en so un minuto estarán a puntiño.

A parte de increiblemente cómodas as zapas poden reter a calor por moito tempo.

Ideal para a relaxación.

As podes mercar en azul ou en vermello por so 19,95 euros

Vía | Megagadgets


Reloxo de deseño

15/12/2010

Este reloxo de aceiro con correa de coiro blando, é un estupendo agasallo e cun deseño moi especial.

Só marcará a hora na que estás, “vive o presente”

O podes atopar en dúas cores, vermello ou azul.

O prezo, 100 dólares


Zapatos convertibles

07/12/2010


Chove? fai sol? que máis dará. Temos os zapatos convertibles que sirven para un roto e para un descosido 😉

Se ves que o día é soleado utilizas os zapatos como unha chanclas, peeero que ves que o día ponse feo e empeza a chover, pois nada xa tes tamén as túas botas de auga.

Non sei si serán moi cómodas pero prácticas seguro que si.


Reloxo biodegradable

28/10/2010

Reloxo biodegradable fabricado en papel. Un papel cunha cuberta que os convierte en impermeables e resistentes, os seus fabricantes afirman que non se desgarran nin rompen con facilidade.

Podes elexir  entre unha gama de 10 cores, vermello, verde, azul, amarelo e morado entre outros.

Pesan tan só 11 gramos. Cunha pequena pantalla LCD, ten un prezo de 24 euros.

Vía | Compradicción

Sitio oficial | Altanus


Bolsa para cámara fotográfica

22/09/2010

Elegante bolsa compacta de tamaño adecuado para unha cámara réflex dixital.

A bolsa está feita en turquesa e branco a cadros vintaxe e forrado cunha lona resistente á auga.

A bolsa ten un montón de petos para todos os pequenos accesorios, tanto por fora como por dentro.

Un agasallo realmente bonito e elegante para calquera fotógrafo profesional, pero tamén para todos aqueles que lles guste ir á última.

En Etsy o podesde atopar


Reloxo pixelado

19/09/2010

Este reloxo pixelado, é un moderno agasallo tanto para home como para muller, o podes atopar en cor branca ou negra.

Sinxelo nas súas formas, pero moi elegante.

Por só 69,00 euros o podes ter en pocos días na túa moneca.


Reloxio para nenas á última

14/09/2010

O reloxio que vos presento hoxe é un bo regalo para nenas presumidas que lles gosta ir moi ben conxuntadas.

De correas intercambiables, e de moi diversas cores e motivos, con raias, con lunares adaptarase a calquera vestimenta que leven.

Os podedes mercar aquí por máis ou menos 14 euros ao cambio, un bo agasallo cun bo prezo.


Botas que miden o nivel da auga

08/09/2010

Botas de choiva, que non só sirven para que a auga non pase para dentro, senon que tamén miden a cantidade de auga que hai por onde pises. Indispensables para os días de inverno que temos en Galicia.

Botas de goma impermeable que farán que os teus pés estén sempre quentes, e libres dunha soa gota de auga.

Poden adquirirse en distintas cores como branco, negro, laranxa, azul, celeste, verde, violeta, amarelo ou vermello, por só 69 euros, na súa web oficial, Rain Level


A %d blogueros les gusta esto: