Bolígrafo batería

17/09/2010

Bolígrafo que ten un par de botóns que te permitirán “tocar” un bo só de batería. Produce sons distintos a través do seu altofalantes.

Tamén poderás escribir con el, como un bolígrafo normal, así cando teñas un momento ou cando esteas aburrido poderás gozar coa música que estarás a tocar.

En drumdrum poderás mercar dous e ter así unhas bonitas baquetas.

Advertisement

Regra musical

13/09/2010

Pensáchedes nalgún momento en facer música cunha regra, pois agora xa o podedes facer, aquí atoparedes unha regra musical, sí, poderás facer con ela unha liña recta e tamén tocar algunha canción, colocándoa ao borde dunha mesa ao deslizala alterarás a nota que vai soar. Tes que probala, é un agasallo distinto e que ten un prezo aproximado de 12 euros ao cambio.

Trae unha guía do seu funcionamento e dará unha nova vida ao seu escritorio.

Se vos interesa mirade o vídeo.


Piano en rolo

03/09/2010

Piano en rolo, adecuado para levar alí onde queras ir, o podes levar no teu bolso o mochila, daralles unha sorpresa aos teus amigos, na casa, no campo, ou inclusive na praia, xa que funciona con pilas, aínda que se pode tamén conectar á rede eléctrica.

Con teclado de goma e 100 ritmos distintos, inclúe demos de cancións. Leva un clavixa para auriculares.

Tedes que probalo quedaredes encantados e o levaredes a todas partes.


A %d blogueros les gusta esto: