Escáner de man

08/12/2010

Con este produto o escaneado de documentos é fácil, cómodo e de calidade.

Podes escanear todo tipo de documentos, que queras gardar, o enviar por correo electrónico, dende fotografías, carné de identidade, un debuxo, un artigo dunha revista, etc. Basta con elexir si o queres en cor ou en branco e negro, pasas o escáner de man por riba e en cuestión de segundos o terás dispoñible.

Escanea ata un tamaño A4, ata 600×600 dpi. Incorpora SD Card de 2 Gigas.

O formato do escaneado e JPG.

Así que xa sabes por 129,00 euros por ser teu (ou meu, si mo queres regalar ;))

Advertisement

Culler báscula

19/10/2010

Culler cunha báscula de alta precisión dixital, poderemos saber máis exactamente que cantidade utilizamos de cada ingrediente.

Mediante unha pequena pantalla, amosaranos o peso do que collamos con ela.

A precisión da báscula é de  gramo en gramo. Cun máximo de 300 gr.

Por só 16,00 euros a podedes mercar.


Boli-caña

14/10/2010

Mini-caña con forma de bolígrafo, poderás levalo en calquera peto. Este pequeno invento ábrese cunha extensión de aluminio acompañado dun pequeno carrete e un sedal para que podas pescar en cualquera lugar.

Poderás pescar pezas de ata 2,5 kg. O bolígrafo extendido ten unha medida de 1,10 metros.

Podes conseguir o boli-caña por 40 euros.


Liñas rectas

21/09/2010

Liñas rectas é o que podes facer con este utensilio que terías que colocar en calquera lapis ou bolígrafo e así, aínda que a túa man temble ou non faga ben as liñas, sempre sairían rectas, grazas a unha pequena roda.

O produto tamén incorpora unha pequena pantalla que indicará a distancia debuxada en centímetros.

Unha idea moi interesante, pero que aínda está en fase de concepto polo que non o podemos atopar á venta, esperemos que o comercialicen pronto, xa que parece un aparello con moitas saídas, tanto para estudiantes, como en oficinas e outro lugares de traballo.

O seu deñador Giha Woo


Reloxio de pulseira “Walkie Talkie”

07/09/2010

Edición de reloxio de pulseira que leva incorporado un walkie talkie. Pantalla LCD dixital, de máis de 2 quilómetros de alcance, e unha batería recargable Li-ion. Orixinal gadget co poderás xogar ou comunicarte con outra persoa.

Lixeiro, fácil de usar e moi práctico para aqueles que queiran estar comunicados dunha maneira distinta.

Contido do paquete: 2 walkie talkie; 2 baterías Li-ion; 2 cargadores; 2 auriculares; 2 manuais en inglés.

O podedes mercar por uns 50,00 euros.


Piano en rolo

03/09/2010

Piano en rolo, adecuado para levar alí onde queras ir, o podes levar no teu bolso o mochila, daralles unha sorpresa aos teus amigos, na casa, no campo, ou inclusive na praia, xa que funciona con pilas, aínda que se pode tamén conectar á rede eléctrica.

Con teclado de goma e 100 ritmos distintos, inclúe demos de cancións. Leva un clavixa para auriculares.

Tedes que probalo quedaredes encantados e o levaredes a todas partes.


A %d blogueros les gusta esto: