Liñas rectas

21/09/2010

Liñas rectas é o que podes facer con este utensilio que terías que colocar en calquera lapis ou bolígrafo e así, aínda que a túa man temble ou non faga ben as liñas, sempre sairían rectas, grazas a unha pequena roda.

O produto tamén incorpora unha pequena pantalla que indicará a distancia debuxada en centímetros.

Unha idea moi interesante, pero que aínda está en fase de concepto polo que non o podemos atopar á venta, esperemos que o comercialicen pronto, xa que parece un aparello con moitas saídas, tanto para estudiantes, como en oficinas e outro lugares de traballo.

O seu deñador Giha Woo


Reloxo pixelado

19/09/2010

Este reloxo pixelado, é un moderno agasallo tanto para home como para muller, o podes atopar en cor branca ou negra.

Sinxelo nas súas formas, pero moi elegante.

Por só 69,00 euros o podes ter en pocos días na túa moneca.


Bolígrafo batería

17/09/2010

Bolígrafo que ten un par de botóns que te permitirán “tocar” un bo só de batería. Produce sons distintos a través do seu altofalantes.

Tamén poderás escribir con el, como un bolígrafo normal, así cando teñas un momento ou cando esteas aburrido poderás gozar coa música que estarás a tocar.

En drumdrum poderás mercar dous e ter así unhas bonitas baquetas.


Mango de plástico

16/09/2010

Que pensas cando vas toda cargada, cun montón de bolsas e non podes xa con elas, que chegan incluso a cortar a circulación do sangue nas mans? Seguramente atopar a alguén que te axude, pero, claro, esto tamén está complicado. Tamén poderás pensar por que non trouxen un carriño da compra para que me fose máis doudo, pois porque seguramente non pensabas comprar tantas cousas.

Pero, claro, si te digo, que cunha cousa pequena, que podes levar perfectamente todos os días no bolso, e que te vai resultar de moita axuda?, claro, non o cres, pois si, aquí está, este mango de plástico que fará as túas compras moito máis fáciles de levar.

Ten un sitio por onde entra o aire, e fai que ese peso non faga tanto dano nas túas más.

Deixovos unha foto para que vexades o sistema.


Reloxio para nenas á última

14/09/2010

O reloxio que vos presento hoxe é un bo regalo para nenas presumidas que lles gosta ir moi ben conxuntadas.

De correas intercambiables, e de moi diversas cores e motivos, con raias, con lunares adaptarase a calquera vestimenta que leven.

Os podedes mercar aquí por máis ou menos 14 euros ao cambio, un bo agasallo cun bo prezo.


“Thumb Thing”

13/09/2010

O “thumb thing”, é un aparello moi útil para ler un libro, sin que teñas problemas para suxeitalo, si estás no sofá, na cama, na praia ou no campo utiliza o “thumb thing” e a lectura será moito máis fácil.

Tes que colocar o pulgar no anel do aparello e así aguntar mellor o libro aberto.

Hai distintas cores e distintos tamaños, según sexa o teu dedo pulgar.

O podes atopar aquí


Regra musical

13/09/2010

Pensáchedes nalgún momento en facer música cunha regra, pois agora xa o podedes facer, aquí atoparedes unha regra musical, sí, poderás facer con ela unha liña recta e tamén tocar algunha canción, colocándoa ao borde dunha mesa ao deslizala alterarás a nota que vai soar. Tes que probala, é un agasallo distinto e que ten un prezo aproximado de 12 euros ao cambio.

Trae unha guía do seu funcionamento e dará unha nova vida ao seu escritorio.

Se vos interesa mirade o vídeo.


Pulseira antirronquidos

08/09/2010

Todos sabemos que os ronquidos son moi molestos, e estaríamos encantados de poder acabar con ese ruído canto antes, e se non que lle pregunten a miña compañeira Lorena, que o sufre en silencio 😉

Para que iso lle sexa máis fácil de levar, atopei este antirronquidos, aparato electrónico que se coloca na moneca, ten forma de banda ou pulseira axustable, funciona mediante impulsos eléctricos basado nos principios da acupuntura co fin de ir disminuíndo pouco a pouco os ronquidos da persona que o usa.

Os resultados de este aparato pódense notar a partir de 2 a 3 días de empezar a usalo, a frecuencia e intensidade dos ronquidos irá mermando.

Xa sabes Lo, aquí o podes atopar por 69,00 euros.


Botas que miden o nivel da auga

08/09/2010

Botas de choiva, que non só sirven para que a auga non pase para dentro, senon que tamén miden a cantidade de auga que hai por onde pises. Indispensables para os días de inverno que temos en Galicia.

Botas de goma impermeable que farán que os teus pés estén sempre quentes, e libres dunha soa gota de auga.

Poden adquirirse en distintas cores como branco, negro, laranxa, azul, celeste, verde, violeta, amarelo ou vermello, por só 69 euros, na súa web oficial, Rain Level


Reloxio de pulseira “Walkie Talkie”

07/09/2010

Edición de reloxio de pulseira que leva incorporado un walkie talkie. Pantalla LCD dixital, de máis de 2 quilómetros de alcance, e unha batería recargable Li-ion. Orixinal gadget co poderás xogar ou comunicarte con outra persoa.

Lixeiro, fácil de usar e moi práctico para aqueles que queiran estar comunicados dunha maneira distinta.

Contido do paquete: 2 walkie talkie; 2 baterías Li-ion; 2 cargadores; 2 auriculares; 2 manuais en inglés.

O podedes mercar por uns 50,00 euros.


A %d blogueros les gusta esto: